A Oficina de Fomento Cooperativo da Agrupación de concellos de Dodro, Padrón, Rois e Valga dentro da programación 2015 da Rede Eusumo, rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para o

fomento do cooperativismo e a economía social, convídanos á Xornada: ‘Emprender Baixo A Fórmula Cooperativa: agricultura ecolóxica’ que vai a ter lugar os días 29 e 30 de Xaneiro no local social A Paxareira (Dodro) de 10:00 h a 13:30 h e na que se abordarán temas como a fórmula empresarial cooperativa, as súas particularidades e os apoios e incentivos existentes das que dispoñen estas empresas.

Ademáis contarase coa presenza de experiencias cooperativas como Xesforesta Soc. Coop Galega (traballos forestais) e outros entes como son a Fundación para o Producto Ecolóxico de Galicia e a Asociación Lentura xa nun ámbito propiamente ecolóxico e de persoal especializado en normativa ecolóxica procedente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

 

Para inscribirse nesta Xornada, da que se emitirá certificado de asistencia, ten de prazo ata o día 28 de Xaneiro. Para facelo deberán facilitar o seu nome e apelidos, DNI, dirección postal e correo

electrónico a oficinafomentocooperativo@concellodedodro.org ou a info@eusumo.coop e ao teléfono 981802062.