Últimas prazas!! Cursos gratuítos de Ugacota nos Centros da Rede Eusumo

/, Rede Eusumo/Últimas prazas!! Cursos gratuítos de Ugacota nos Centros da Rede Eusumo

Achegámonos ao remate da programación de cursos gratuítos que a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota ven realizando, no marco da programación formativa da Rede Eusumo.

Nos próximos días levaremos a cabo 2 accións formativas nos Centros da Rede Eusumo da Fundación Terra de Trasancos (Narón, A Coruña) e da Caixa Rural Galega de Lugo.

 

A continuación tedes a relación de cursos gratuítos que impartiremos. Premendo sobre o título do curso podedes consultar o programa completo do curso. Tamén podedes inscribirvos a aqueles obradoiros que sexan do voso interese a través da ligazón habilitada.

 

CENTRO DA REDE EUSUMO NA FUNDACIÓN TERRA DE TRASANCOS – COOPERATIVA DO VAL

(Vilacornelle, s/n, Narón, A Coruña)

Obradoiro: COÑECENDO A MIÑA COOPERATIVA

Datas: 29 e 30 de outubro.

Horario: de 10:00 a 14:30hs.

Obxectivo:  Revisar e actualizar os coñecementos cooperativos dos socios e socias. Lembrar que significa ser cooperativista. Dar a coñecer os recursos e ferramentas para mellorar o funcionamento da cooperativa.

Dirixido a: persoas socias de cooperativas

Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ

 

CENTRO DA REDE EUSUMO NA CAIXA RURAL GALEGA

(Praza Fonte dos Ranchos, 27, b, Lugo)

Obradoiro: PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

Datas: do 5 ao 9 de Novembro

Horario: de 10:00 a 15:00hs.

Obxectivo: Achegar o modelo cooperativo á cidadanía.  Mostrar as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.  Contribuír a que estas persoas coñezan e valoren as cooperativas

Dirixido a: público en xeral.

Para inscribirte no obradoiro, preme AQUÍ

 

Para máis información e inscricións nos obradoiros:

 

– UGACOTA CORUÑA (Patane García Méndez)

•Tf: 881 887 456 / 697 877 773

•E-mail: patane@ugacota.coop

 

2012-12-20T14:36:21+00:00 23/10/2012|Formación, Rede Eusumo|1 comentario

Un comentario

  1. […] Tf: 881 887 456 / 697 877 773 E-mail: patane@ugacota.coop Toda a información na seguinte ligazón: http://ugacota.coop/rede-eusumo/ultimas-prazas-cursos-gratuitos-de-ugacota-nos-centros-da-rede-eusu… Compartir:Correo-eMáisFacebookTwitterLinkedInPinterestArtigos […]

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies