Programación de cursos da Rede Eusumo para o mes de decembro

/, Rede Eusumo/Programación de cursos da Rede Eusumo para o mes de decembro

Impulsa o teu negocio co marketing dixital

Descrición: O obxectivo fundamental deste curso é o de facilitar novos métodos de marketing e comunicación ás empresas de economía social co obxectivo de posicionar dunha forma óptima o seu proxecto e, como consecuencia, mellorar a comercialización dos seus negocios.

Duración: 20 horas blended learning (6 h presenciais e 14 horas teleformación)

Lugar: As sesións presenciais celebraranse o 4 e o 20 de decembro na Aula 2 do Edificio Cersia Empresa, en Santiago

Datas: Do 4 ao 20 de decembro de 2017

Horario das sesións presenciais: As sesións presenciais celebraranse o 4 e o 20 de decembro en horario de 16.00 a 19.00 horas

inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es  ata o 30 de novembro.

Programa formativo

Mellora a túa comunicación e as túas habilidades sociais

Descrición: O obxectivo fundamental deste curso é mellorar nas habilidades sociais e comunicativas, que cada vez se fan máis necesarias no mundo profesional, non só para progresar no liderado e o carisma persoal, senón tamén para comunicar dunha maneira eficaz e poder acadar os retos marcados pola túa empresa de economía social.

Duración: 20 horas presenciais

Lugar: Sala de conferencias, seminario 1 e seminario 2 do Auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa (Avenida de Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa)

Datas: 11, 12, 13, 14 e 15 de decembro de 2017

Horario: Días 11, 13, 14 e 15 de 16.00 a 20.00 horas |Día 12 de 17.00 a 21.00 horas

A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 8 de decembro

Programa formativo

 

Descubre as posibilidades das ferramentas ofimáticas para o teu negocio

Descrición: O obxectivo fundamental deste curso presencial é introducir e favorecer o uso das ferramentas ofimáticas nos proxectos de economía social para mellorar na xestión dos mesmos.

Duración: 20 horas presenciais

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP) Aula nº 3. Rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela

Datas: 11, 13, 18 e 20 de decembro de 2017

Horario: De 09.00 a 14.00 horas

A inscrición pode realizarse a través do teléfono 981 558 008 ou no correo eusumo.emprego@xunta.es ata o 8 de decembro

Programa formativo

 

 

 

2017-11-28T15:40:44+00:00 23/11/2017|Formación, Rede Eusumo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies