A Rede Eusumo aposta por mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas coa organización do obradoiro “Creando unha web autoxestionable para a vosa cooperativa”.

A través deste obradoiro os participantes aprenderán a crear, deseñar e autoxestionar o seu propio Blog ou Website a través do manexo do software libre WordPress. Entre os obxectivos que se perseguen con este taller destacan:

  • Mellorar a comunicación e visibilidade das cooperativas.
  • Ordenar a identidade gráfica da cooperativa.
  • Homoxeneidade na representación visual da cooperativa.
  • Actualizar a imaxe.
  • Crear ou mellorar o posicionamento da cooperativa.
  • Abrir novos canles de comunicación a través de internet.

Este Obradoiro, dirixido principalmente ás cooperativas, está estruturado en dúas sesións que se celebrarán os días 10 e 11 de febreiro, en Ourense, nas aulas CeMIT da Xunta de Galicia. Ambas sesións celebraranse en horario de 11:30 a 14:30 h., e serán impartidas de forma práctica e amena, xa que contarán cun ordenador propio para ir avanzando na creación do seu espazo dixital.

– Díptico Web Ourense

– Mailing Web Ourense

– Cartel Web Ourense

Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto con nós no teléfono 981 558 008 ou no enderezo info@eusumo.coop.

Para máis información, visite as web: www.eusumo.coop – www.cooperativasdegalicia.com