Mergúllate na Economía Social | Xornada para axentes intermedios, 13 de decembro

//Mergúllate na Economía Social | Xornada para axentes intermedios, 13 de decembro
A Rede Eusumo organiza o 13 de decembro a “Xornada para axentes intermedios: Mergúllate na economía social”

A Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria convida a participar nunha xornada aos Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local, Técnicos(as) de Emprendemento e Emprego, e outros(as) axentes intermedios  que teñan un contacto directo con persoas emprendedoras e queiran coñecer a economía social e as súas fórmulas empresariais, co obxectivo de promover a economía social e os seus valores para apoiar o impulso de proxectos empresariais, así como divulgar os recursos e ferramentas de apoio existentes.

Nesta xornada, que inaugurará Covadonga Toca Carús, secretaria xeral de emprego, abordaranse os seguintes aspectos: A economía social, unha economía con valores; O financiamento, recursos e liñas de axuda, que apoios hai para impulsar proxectos de economía social ? ; Faíte oír: que demandan os(as) axentes intermedios?

Para consultar o programa completo da xornada prema aquí.

A sesión ten carácter gratuíto e tes ata o 12 de decembro para inscribirte, ben no 981 558 008 ou en eusumo.emprego@xunta.es.

Fonte: web Eusumo

2017-11-21T11:29:15+00:00 21/11/2017|Rede Eusumo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies