Estás sen emprego?. Estades pensando en poñer en marcha unha actividade económica?. Por que non emprender en grupo?. Cicais pensaches en formar parte dunha cooperativa?.

UGACOTA ofrece formación para persoas en desemprego, emprendedoras, a novas cooperativas, a novos socios/as de cooperativas, e para o público interesado en xeral. Coñece as cooperativas, e anímate a participar ! .

A Unión de Cooperativas de Traballo organiza e imparte varios obradoiros gratuítos no marco da Rede Eusumo, na modalidade presencial, cunha duración de 20 horas cada obradoiro,  5 h. cada sesión, e horario de mañá . A súa Programación Formativa no mes de Maio, terá lugar en Pontevedra, A Coruña, Lugo e Carral, e Vilagarcía de Arousa é a seguinte:

DATAS

OBRADOIRO

LUGAR

PROGRAMA

INSCRICIÓN

+ INFO

Do 5 ao 8 de Maio

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

PONTEVEDRA

Centro da Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra

Fai clic programa

Fai clic inscrición

Teléfono: 986 136 592

nuria@ugacota.coop

Do 5 ao 8 de Maio

POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?

A CORUÑA

Entidade Adherida á Rede Eusumo na CEC Coruña

Fai clic programa

Fai clic inscrición

Teléfono: 881 887 456

patane@ugacota.coop

Do 19 ao 22 de Maio

POR QUE NON TRABALLAMOS EN EQUIPO?

PONTEVEDRA

Centro da Rede Eusumo na Deputación de Pontevedra

Fai clic programa

Fai clic inscripción

Teléfono: 986 136 592

nuria@ugacota.coop

Do 19 ao 22 de Maio

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

LUGO

Entidade Adherida á Rede Eusumo na Fundación CEL, Iniciativas por Lugo

Fai clic programa

Fai clic inscripción

Teléfono: 881 887 456

patane@ugacota.coop

Do 26 ao 29 de Maio

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER

CARRAL

Entidade Adherida á Rede Eusumo na Oficina de Fomento Cooperativo do Consorcio As Mariñas – Carral

Fai clic programa

Fai clic inscrición

Teléfono: 981 575 578

rosaab@ugacota.coop

Do 26 ao 29 de Maio

ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVA

VILAGARCÍA DE AROUSA

Centro da Rede Eusumo na Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa

Fai clic Programa

Fai clic inscrición

Teléfono: 986 136 592

nuria@ugacot

 

De que trata cada obradoiro  ? :

1) Formación cooperativa para persoas que queren emprender: Con este curso preténdese divulgar as posibilidades e vantaxas de emprender baixo unha fórmula empresarial de economía social: o modelo cooperativo. Tamén se dará a coñecer as testemuñas de persoas que xa emprenderon en cooperativa.

2) Elabora o teu plan de empresa cooperativo: Con este curso preténdese mostrar desde un punto de vista práctivo as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa. Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable. Tamén elaborar conxuntamente os distintos apartados do Plan de Empresa do noso proxecto, e avaliar requisitos e compromisos como grupo emprendedor, tarefas a desenvolver, e o calendario de actuacións.

3) Por que non traballamos en equipo ? : Con este curso preténdese desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo. · Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais. E descubrir e aplicar as habilidades persoais nun contorno cooperativo.

 

Colaboran : Consellería de Traballo e Benestar (Xunta de Galicia) – Fondo Social Europeo – Deputación de Pontevedra – CEC Coruña – Fundación CEL, Iniciativas por Lugo – Oficina de Fomento Cooperativo do Consorcio As Mariñas – Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa