A unión de cooperativas EspazoCoop realiza o obradoiro presencial ‘Formación Cooperativa para Persoas que queren Emprender’ do martes 10 de abril ao venres 13 de Abril en Vigo, e dentro da Programación da Rede Eusumo.

Con esta formación tratarase de achegar o modelo cooperativo á cidadanía e en especial a persoas desempregadas que poden optar á fórmula do autoemprego cooperativo:

– Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e as súas achegas sociais e económicas.
– Coñecer unha experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

 

 

 

 

FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER | VIGO

Na entidade da Rede Eusumo : Deputación de Pontevedra, Sede de Vigo.

Do 10 ao 13 de abril de 2018 | De 9:30 a 14:30 horas | 20 horas.

Programa: aquí

Inscrición: aquí

* A Rede Eusumo é : unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.