Creación de páxinas webs e blogs mediante o software libre WordPress | Vigo

//Creación de páxinas webs e blogs mediante o software libre WordPress | Vigo
A Rede Eusumo ofrece un obradoiro para crear webs que poida xestionar a propia cooperativa, é os días 18 e 19 de maio en horario de 16:00 h. a 19:00 h. na Aula CeMIT de Vigo, que está na Rúa Oporto nº 1 – 36201 Vigo (Pontevedra).

Que obxectivos se perseguen?

Entre os obxectivos que se perseguen con este taller destacan:

  • Mellorar a comunicación e visibilidade do seu proxecto.
  • Ordenar a identidade gráfica da súa empresa.
  • Homoxeneidade na representación visual.
  • Actualizar a imaxe.
  • Crear ou mellorar o posicionamento da marca.
  • Abrir novos canles de comunicación a través de internet.

A quen vai dirixido?

Está dirixido a aquelas persoas interesadas en coñecer as diferentes estratexias, técnicas e ferramentas web 2.0 para mellorar a comunicación do seu proxecto de economía social e aumentar a súa visibilidade.

PROGRAMA
Formadores: Consuelo Luces. Consultora / Jennifer Bardelás. Consultora

DÍA 18. MÓDULO 1
16:00 H A 19:00 H. Contido:

  • Benvida e presentación da Rede Eusumo
  • Creación de blogs e webs “autoeditables” e “autoxestionables” (nivel básico):

Conceptos básicos
Wordpress.com e wordpress.org
Instalación de WordPress
Instalación dun “Tema” wordpress

DÍA 19. MÓDULO 2
16:00 H A 19:00 H. Contido:

  • Xeración de contido en wordpress
  • Instalación e uso de plugins en wordpress

Inscrición

A xornada ten carácter gratuíto. Prazo de inscrición: ata o 17 de maio de 2016.

Pódeste inscribir facilitando o teu nome, correo electrónico e DNI no: 981 55 80 08 ou en info@eusumo.gal.

Máis información
www.eusumo.gal

Fai clic : Programa

2017-01-27T13:55:34+00:00 12/05/2016|Rede Eusumo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies