Porque cooperación e  creatividade son aliadas necesarias para afrontar os retos do futuro, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a desenvolver accións para impulsar o coñecemento mutuo entre o sector cultural e a economía social.

Convidan a participar o venres 19 de decembro de 2014 na xornada “Cooperativas culturais: unha resposta ante tempos de cambio”, destinada ás persoas e entidades interesadas no desenvolvemento de proxectos de tipo cultural, artístico e creativo, con forma cooperativa.

No transcurso da xornada presentarase o Estudo de Boas Prácticas no eido do Cooperativismo Cultural, haberá exposición de iniciativas culturais baixo a fórmula  cooperativa e contarase coa participación de artistas de diferentes disciplinas.

Tamén haberá mesas técnicas dirixidas a persoas e entidades interesadas en recibir asesoramento e formación técnica especializada.

A xornada está orientada a profesionais e emprendedores do sector cultural, axentes e entidades de fomento do emprego e do emprendemento, persoas socias de cooperativas e público en xeral.

A asistencia é de balde previa inscrición premendo aquí.
Para formar parte dunha mesa técnica é preciso inscribirse, indicando sector, número de persoas interesadas e breve descrición do proxecto. As mesas terán lugar a partires das 16:00 h cunha duración aproximada de media hora. Para inscribirte preme aquí.

A xornada celebrarase no
MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia)
San Lázaro, n.º 107
15781 Santiago de Compostela
Horario: de 10:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00
Día 19 de decembro de 2014

Para ampliar información contactar co teléfono 634555029 ou co correo electrónico cultura@eusumo.coop