Almorzos cooperativos, sesión nº 2 – MAIO | Participas no networking coa Economía Social ?

/, Rede Eusumo/Almorzos cooperativos, sesión nº 2 – MAIO | Participas no networking coa Economía Social ?

En Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas temos cita para a próxima sesión dos Almorzos Cooperativos, encontros de networking con entidades da economía social, unha cita matinal ao mes para xerar procesos de colaboración e sinerxías entre o sector.

>> 2ª sesión, Encontros de networking na economía social, Santiago 24 de maio, A Coruña 24 de maio, e Vigo 25 de maio.

>> Coñecerás ferramentas de finanzas cooperativas e éticas.

>> Faremos unha dinámica de coñecemento, e colaboración : queremos facilitar a xeración de procesos de colaboración e intercooperación entre cooperativas, e entidadades da economía social.

 

2ª SESIÓN, MES DE MAIO:

A Coruña | mércores 24 de maio | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Concello de Coruña, Accede Papagaio. Rúa Hospital 19.

Ficha de programa Inscrición: Aquí

 

Santiago |  mércores 24 de maio | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Asociación de Cooperativas Agrarias (Agaca). Rúa Tomiño 22 entrechán.

Ficha de programa Inscrición: Aquí

 

Vigo | xoves 25 de maio | 9.30 – 11.30 h. | Centro da Rede Eusumo – Universidade de Vigo, Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Seminario 11. Rúa Conde de Torrecedeira 105. (En colaboración coa agrupación de investigación ECOBAS da Universidade de Vigo)

Ficha de programa Inscrición: Aquí

 

Este programa consta de 5 sesións nas que poderás:

Coñecer a outras entidades e organizacións, abordar temas de interese común, como a mellora da xestión empresarial e societaria, o financiamento, o consumo colaborativo, as compras conxuntas, plataformas de vendas, e mesmo explorar novas liñas para colaborar …

Esperámoste, 1 vez ao mes, teremos unha cita matinal en sesións de 2 horas.

 

Trátase dun programa gratuíto, destinado ás cooperativas socias, a outras cooperativas, e a entidades de economía social en xeral. As prazas son limitadas a un máximo de 20 participantes, darase prioridade de asistencia ás demandas das cooperativas asociadas.

Esta iniciativa faise no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017,

2017-05-25T20:02:34+00:00 10/05/2017|Destacados, Rede Eusumo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies