“Almorzos cooperativos” | Encontros de networking coa economía social | Inscrición aberta

Inicio/Destacados, Espazo Coop, Rede Eusumo/“Almorzos cooperativos” | Encontros de networking coa economía social | Inscrición aberta

No marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017, Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas pon en marcha a partir de Abril os Almorzos Cooperativos, encontros de networking coa economía social, unha cita matinal ao mes para xerar procesos de colaboración e sinerxías entre as participantes do sector da economía social.

> Encontros de networking na economía social.

> Queremos facilitar a xeración de procesos de colaboración e intercooperación entre cooperativas, e entidadades da economía social.

> Para coñecerse, abordar temas de interese común como a mellora da xestión empresarial e societaria, o financiamento, o consumo colaborativo, as compras conxuntas, plataformas de vendas, e explorar temáticas de colaboración

Esperámoste, 1 vez ao mes, teremos unha cita matinal en sesións de 2 horas.

1ª sesión, mes de abril:

A Coruña | xoves 27 de abril | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Concello de Coruña, Accede Papagaio. Rúa Hospital 19.

Santiago |  xoves 27 de abril | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Asociación de Cooperativas Agrarias (Agaca). Rúa Tomiño 22 entrechán.

Vigo | venres 28 de abril | 9.30 – 11.30 h. | No Centro da Rede Eusumo – Deputación de Pontevedra, sede de Vigo. Rúa Oporto 3.

Trátase dun programa gratuíto, destinado ás cooperativas socias, a outras cooperativas, e a entidades de economía social en xeral. As prazas son limitadas a un máximo de 20 participantes, darase prioridade de asistencia ás demandas das cooperativas asociadas.

Programa: Almorzos cooperativos – Abril 2017

Inscrición: Aquí

 

 

2017-04-19T19:10:30+00:00 7/04/2017|Destacados, Espazo Coop, Rede Eusumo|0 Comments

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies