A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar organiza o 31 de outubro en Tui e Cenlle accións de fomento do cooperativismo que se enmarcan dentro das actividades programadas pola Rede Eusumo no seu plan de actuación 2014.

Co obxectivo de amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais, a Rede Eusumo organiza :

– Unha xornada de promoción do cooperativismo titulada “Coñece a Fórmula Cooperativa” na Cámara de Comercio de Tui, Tui (Pontevedra). Fai clic : Programa

– Un obradoiro titulado “Emprender baixo a Fórmula Cooperativa” no Centro de Desenvolvemento Cooperativo da Fundación Coren en Razamonde, Cenlle (Ourense). Fai clic: Programa

Para calquera cuestión, pode poñerse en contacto no teléfono 981 558 008 ou no correo info@eusumo.coop.