A través da Rede Anímate a Emprender: Cooperativízate, achegámosvos unha mensaxe de María Eugenia Pérez Zea, Presidenta do Comité Mundial de Equidade de Xénero da ACI (Alianza Cooperativa Internacional), sobre a presenza e a importancia das mulleres no cooperativismo.

“Unha terceira parte dos emprendedores do mundo son mulleres. Máis da metade dos cooperativistas no mundo son mulleres. Invito a cada cooperativa do mundo a que asigne a máxima prioridade en todas as súas políticas ao logro da igualdade de dereitos e oportunidades para a muller, como condición indispensable para edificar un mundo máis seguro, xusto e próspero. Dende ACI recoñecemos que a Axenda de Xénero é hoxe máis importante que nunca e esta é a nosa oportunidade para iniciar a década cooperativa demostrando o noso liderado como o modelo máis favorable para o desenvolvemento socioeconómico creando respostas trascendentais que marquen a diferencia e sosteñan o ímpetu decisivo para que a construción de outro mundo, sexa posible.”

Para ler o artigo completo, preme aquí.