A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), elaborou unha guía virtual destinada a fomentar o emprendemento colectivo e para dar a coñecer as medidas de apoio que se recollen na Estratexia de Emprendemento e Emprego na Mocidade.

Esta guía achega información actualizada sobre como crear empresas da Economía Social (especialmente cooperativas, sociedades laborais e empresas de inserción, autoemprego de persoas con minusvalidez e formación) “, explican nun comunicado. “Así mesmo, a guía co título ‘Aquí podes emprender. O teu futuro emprego está na Economía Social‘, tamén ofrece información para contactar coas diferentes oficinas de asesoramento que os socios de CEPES teñen en todas as Comunidades Autónomas“.

A publicación achega temas de interese para a xente emprendedora, “como a posibilidade de capitalizar a prestación de desemprego para formar parte dunha cooperativa ou sociedade laboral, as bonificacións existentes á contratación nas cotas da Seguridade Social ou a posibilidade de que traballadores de empresas en crise impulsen a transformación das súas empresas en cooperativas ou sociedades laborais para manter a actividade e, con el, os seus postos de traballo“.

A publicación pódese consultar en liña, picando aquí.

 

Fonte: http://empresaytrabajo.coop/