Xornadas Co&Co Accede Papagaio. Coworking e Economía Colaborativa, A Coruña:

Con motivo da súa recente inauguración, o pasado día cinco de outubro, o centro de emprendemento e empresas Accede Papagaio quere situarse como un axente difusor e promotor desa filosofía empresarial  denominada coworking.

Trátase de favorecer a colaboración entre persoas emprendedoras e empresas que, instaladas nunha mesma localización, comparten, colaboran, crean e xeran redes profesionais e organizacionales que incentivan a competitividade e a supervivencia dos proxectos empresariais de nova xeración.

E para iso, a Concellería de Emprego e Economía Social pon en marcha unhas xornadas de difusión desta particular filosofía do coworking e a economía colaborativa.

Estas xornadas, baixo a marca de CO&CO, precisamente chámanse así:  “Xornadas Coworking e Economía Colaborativa”, contarán cunha serie de persoas expertas en dita temática do cotraballo,  a  innovación, a  economía colaborativa e as novas formas de traballo e emprendemento.

A primeira xornada, que se celebra o 20 de outubro, terá como temas o “Traballo en rede e colaborativo para ser máis eficiente” e as “Habilidades de Comunicación”; a segunda, xusto á semana seguinte,  o día 27 de outubro, versará sobre a “Transformación dixital do terceiro sector” e o “Futuro da economía colaborativa e creativa”; por último, a terceira,  será o día 3 de novembro, tratará sobre “Cooperativas: e ti coñeces a fórmula?”, charla impartida pola Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA, e que irá acompañada a continuación con varios exemplos de cooperativas galegas, socias da Unión como Hábitat Social ou Simbiosis.

Aínda que a entrada será libre ata completar o aforamento do Centro Accede Papagaio en Rúa Hospital, 19, no Bulevar do Papagaio, recoméndase inscrición en todas elas ou naquela que lle interese:  Aquí

Área de Emprego e Economía Social

Estrada dos Fortes, 16
A Coruña, 15011
Tlfo: 981 189 855/ Fax: 981 184 398