O vindeiro 31 de outubro celebrarase a xornada UNIVERSIDADE DE VIGO E COOPERATIVISMO, un acto académico e divulgativo promovido por ECOBAS que permitirá poñer en valor e dar visibilidade ao cooperativismo e ás cooperativas, así coma resaltar o apoio que a Universidade de Vigo leva brindando dende fai moitos anos neste ámbito. A xornada conta coa colaboración das principais asociacións de cooperativas galegas, Espazocoop e Agaca, e está organizado ó amparo da Rede EUSUMO, promovida pola Xunta de Galicia.

Este evento está dirixido a todas as persoas interesadas, tanto ás que están no ámbito cooperativo e da economía social coma a aquelas que non o están, e tamén especialmente ao alumnado da universidade, coa intención de que coñezan as posibilidades que ofrece este sector e as teñan en conta á hora de iniciar a súa inmersión no mundo laboral.

A axenda do programa inclúe charlas maxistrais, mesas redondas de debate, exposición de material informativo e promocional de cooperativas e tamén sobre cooperativismo en xeral, ademais dunha homenaxe á traxectoria de profesionais do ámbito do cooperativismo.

Podedes atopar a información completa sobre esta xornada, PROGRAMA e INSCRICIÓN, premendo AQUÍ

 

Información para COOPERATIVAS SOCIAS de Espazocoop:

FORMAS DE PARTICIPAR

1- Asistindo á xornada, previa inscrición.

2- Participando na Exposición de material informativo e promocional de cooperativas, comunicando o interese aquí.
Esta Exposición contará con:

–  Material promocional e publicitario daquelas cooperativas que desexen figurar.
– Carteis propios, ou elaborados pola organización con texto divulgativo de casos de cooperativas que teñan interese en aparecer no evento.

A organización porase en contacto con vós para xestionalo e facilitarvos a presencia nesta parte. 

* Pódese participar na Exposición aínda que as cooperativas non teñades posibilidade de asistir ao Acto, e para organizalo con suficiente antelación prégase comunicar o interese o antes posible.