Se estás a punto de xubilarte, e a túa empresa non ten relevo xeracional, podes transmitila ás persoas traballadoras en forma de cooperativa. Todas e todos poden saír gañando.

Estes vídeos forman parte da campaña da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) para a transmisión de empresas sanas sen substitución xeracional ás traballadoras/es da mesma. Calquera persoa empresaria que non teña a quen deixar a empresa pode transferila ás súas traballadoras/es, con maior posibilidade de éxito que si se vendese. Doutra banda, a relación empresarial podería non acabar, o que pode beneficiar tanto  ás traballadoras como ás persoas empresarias.

COCETA estivo traballando especialmente nos temas de transmisión de empresas durante os últimos anos. Parte diso reflíctese no proxecto europeo Saving Jobs! que pode consultarse premendo aquí.

A Unión de Cooperativas Galegas ESPAZOCOOP, como parte integrante de Coceta, apoia esta campaña de promoción do cooperativismo ‘Non xubiles a túa idea, non acabes o teu soño’, podes informarte en calquera das oficinas da Unión na comunidade.

Para ver un novo vídeo relacionado con esta campaña, preme aquí