Ven coñecer ás cooperativas! | Cidade da Cultura | Venres 2 de xuño, 18-20 h.

Inicio/Destacados, Espazo Coop, Novas do cooperativismo/Ven coñecer ás cooperativas! | Cidade da Cultura | Venres 2 de xuño, 18-20 h.

VEN COÑECER AS COOPERATIVAS!
UNHA OPORTUNIDADE PARA CAMBIALO TODO

O cooperativismo e a economía social continúan crecendo en Galicia. Cada vez somos máis as empresas con valores que escollemos o cooperativismo como unha alternativa real para empezar a cambiar o mundo.

Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas celebramos un evento no que escoitaremos as experiencias de persoas comprometidas, botaremos unhas risas cun espectáculo de humor sobre as cooperativas, e compartiremos unha degustación de produtos cooperativos. Gustaríanos contar contigo neste día.

Venres 2 de xuño de 2017 de 18 a 20 h.
Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago

PROGRAMA

17.30 h.  Recepción

18.00 h.  Celso Gándara, presidente da Unión de Cooperativas Espazocoop e Covadonga Toca, Secretaría xeral de Emprego, inauguran e presentan o evento

18.30 h.  O escritor Suso de Toro reflexiona arredor do cooperativismo como factor de cambio social

19.00 h.  A compañía de teatro A Panadaría presenta unha peza arredor das cooperativas creada especialmente para esta xornada

19.15 h.  Clausura a responsable de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago, Concepción Fernández

19.30 h.  Degustación de produtos cooperativos

Prégase confirmar asistencia no seguinte enlace antes das 15:00 horas do xoves 1 de xuño: CONFIRMAR ASISTENCIA

 

2017-05-23T19:13:10+00:00 18/05/2017|Destacados, Espazo Coop, Novas do cooperativismo|1 comentario

Un comentario

  1. […] Novas do cooperativismo/Asemblea de socias de Espazocoop | Venres 2 de xuño 2017 Anterior Siguiente Asemblea de socias de Espazocoop | Venres 2 de xuño […]

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies