A primeira semana de outubro Teixugo comezou a campaña de Voluntariado Ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas. O proxecto vai desenvolverse durante as fins de semana dos meses de outubro e novembro nos catro arquipélagos: Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

As xornadas de voluntariado serán dun día de duración, e en cada unha delas participarán 6 persoas voluntarias máis unha persoa coordinadora. Cada persoa poderá participar en máis dunha xornada.

O voluntariado consiste nun ESTUDO FENOLÓGICO (cambios dun ser vivo ao longo do tempo) en árbores e arbustos para obter información sobre o efecto que ten o cambio climático sobre eles.

As persoas interesadas podedes poñervos en contacto a través do correo teixugo@teixugo.com

Info do proxecto aquí.