Dende UECoE, a Unión Española de Cooperativas de Ensino, coa colaboración de Pere Marqués e o apoio de Clickedu e Faronics estase organizando o Seminario de Innovación Educativa: “Claves para unha boa xestión da innovación nos colexios” que terá lugar o martes, 24 de abril de 2018 na sala de Negocenter d paseo da Castelá, 135 de Madrid en sesión de mañá.

O obxectivo deste encontro é proporcionar orientacións para promover unha innovación eficaz e continuada nos centros docentes, así como expoñer experiencias de éxito desenvolvidas en centros cooperativos que o están conseguindo.

Co obxecto de que todas as Organizacións e os seus centros asociados sexan coñecedoras do Seminario e poidan participar achégase o programa para a súa consulta e para que aquelas cooperativas de ensino e persoas interesadas que o desexen realicen a inscrición.

Programa Seminario Innovación Educativa 24.04.2018 – Programa

Para inscribirse é preciso facelo entrando na web de UECoE www.uecoe.es ou a través do seguinte enlace aquí