Por Celso Gándara – Presidente de Espazocoop

No mes de maio tiven a oportunidade de participar en varias actos, que me permitiron reflexionar acerca de se temos un papel que desenvolver a maiores do desenvolvemento dos nosos negocios e actividades, no caso das empresas da economía social (cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou empresas de inserción) ou actividades e servizos no caso das organizacións non lucrativas ( asociacións, fundacións,…)

O pasado 23 de maio 11 Ministrxs de países europeos, incluida España, asinaron a Declaración de Madrid, un documento que pretende situar ao Sector da economía social no centro das políticas económicas europeas e lanzar unha “economía europea da Economía Social” que permita impulsar o seu desenvolvemento.

Cal pode ser o impacto real desto?

En primero lugar se non apareces como un suxeito nas políticas non existes, esto ten que ver co que a economía social será un dos suxeitos sobre os que se desenvolverán as políticas de desenvolvemento económico en Europa. Polo tanto existirá un Plan de desenvolvemento da Economía Social en Europa, ao que se lle asignará un orzamento. Elo derivará en que existirá un Plan de Economía Social a nivel estatal. Mantendo o efecto cascada, haberá un Plan da Economía social a nivel Autonómico. Estos plans determinarán a composición, denominación e funcións das estruturas orgánicas das diferentes administracións públicas. Co cal esto pode determinar cambios na forma de funcionar e de agruparse por parte das entidades que representamos á sociedade civil.

Desde este contexto creo que emerxe con claridade, a necesidade e a oportunidade para que as entidades que conformamos a economía social aunemos esforzos e con axilidade podamos adaptarnos ao novo esceario que temos diante.

Unha incidencia política de maior impacto, podendo acceder a espazos nestes momentos restrinxidos á representación empresarial e sindical sen lugar a dudas podería permitirnos un impacto maior e situar a economía social na axenda da política.

A intercooperación e o intercambio comercial (mercado social) entre entidades que conforman a economía social, xeraría un maior desenvolvemento do sector e ao mesmo tempo identidade e músculo.

O 2 de xuño tivo lugar a primeira asemblea de EspazoCoop, que é a Unión de cooperativas de Galicia, despois da fusión de tres organizacións que representaban ao cooperativismo. En si mesmo xa é un feito suliñable falar de procesos de fusión e integración en Galicia. Ademais quería destacar dous elementos, que poden ser unha oportunidade nos próximos anos:

  1. A tramitación da Lei de contratos do sector público, que se está tramitando no Congreso dos diputadxs e que pode abrir de verdade un espazo para as cláusulas sociais, tal e como recolle a directiva europea.
  2. A necesidade de incrementar dimensión, xerando economías de escala para poder acceder a novos servizos, novos mercados, ser máis eficientes, abordar a innovación etc.

Existen riscos serios de podernos quedar fora, ou ter presencia residual dentro do mercado público. As licitacións cada vez son de lotes máis grandes que están impedindo o acceso das entidades de economía social, dado o noso pequeno tamaño, e fainos perder oportunidades. O establecemento de diversos tipos de alianzas ou integracións son unha ferramenta para poder aproveitar mellor estas oportunidades.

Noss mercados privados, o visibilizar que somos entidades de economía social pode ser xunto con produtos e servizos con boas propostas de valor factores que nos axuden a ser sostibles a longo prazo. A necesidade de que xurdan referentes e liderazgos dentro de diferentes sectores, que fagan de tractores do sector seguramente axudaría ao desenvolvemento do mesmo.

Temos coñecemento e se non, o sabemos buscar, pero como decía Suso de Toro, no acto de presentación de Espazocoop necesitamos “disposición”. Esa frase trouxome moitas imáxenes da miña infancia. A miña nai soíamo dicir….” Un pouco máis de disposición Celso” Pois iso, creo que as persoas que estamos en movementos vinculados á economía social, estamos chamados a “dispoñernos” a abordar os retos comúnes do futuro desde unha entidade que nos agrupe e que nos visibilice diante da sociedade. Os aspectos específicos de cada colectivo xa están sendo abordados desde cada entidade representativa.