Presentación de Comunicacións, ata 15/Maio | XVIII Congreso de UECoE

//Presentación de Comunicacións, ata 15/Maio | XVIII Congreso de UECoE

Chamada ás Cooperativas de Ensino!:

En relación ao XVIII Congreso de UECoE do 16 ao 19 de outubro, que desde a Unión Española de Cooperativas de Ensino xunto coa Asociación de Centros de Ensino de Economía Social de Cantabria (ACES Cantabria) están a organizar baixo o lema EDUCACIÓN EN TODOS OS SENTIDOS, queremos recordaros que o prazo para propoñerse para a participación nas Mesas Redondas en calidade de comunicadoras(es) dalgunha experiencia ou proxecto que esteades desenvolvendo no voso centro na liña das diferentes temáticas propostas ampliouse ata o día 15 de maio de 2018.

  • Presentación do Congreso aquí
  • Programa provisional do Congreso aquí

Si tedes previsto presentar algunha experiencia dentro do apartado Mesas redondas Grupos de traballo debedes encher a ficha de participación a través do enlace que se indica no Anexo 2A, preme aquí

Ademais de participar neste espazo, e co fin de poder intercambiar experiencias entre todos os/as asistentes, tamén se poderán presentar Comunicacións que aínda non sendo expostas trasladaranse a todos/as os/as congresistas previamente para que sexan coñecedores delas e así poder contactar con devanditos centros ao longo do Congreso.

No Anexo 2B relaciónanse as diferentes temáticas así como unha breve explicación de cada unha delas a modo orientativo, preme aquí

Si precisades dalgunha aclaración non dubidedes en poñervos en contacto coa Oficina Técnica do XVIII Congreso de UECoE vía mail ao enderezo 18congreso@uecoe.es

Comité de Organización do XVIII Congreso de UECoE

 

 

2018-05-04T14:32:33+00:00 4/05/2018|Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies