Potencialidades da economía social e o cooperativismo como xeradores de emprego de calidade | A Coruña

/, Formación, Novas do cooperativismo/Potencialidades da economía social e o cooperativismo como xeradores de emprego de calidade | A Coruña

Seminario formativo:

Potencialidades da economía social e do cooperativismo
como xeradores de emprego de calidade

do 27 de novembro ao 18 de decembro de 2017, A Coruña

 

 

 

 

O CONCELLO DA CORUÑA, con quen mantemos un convenio de colaboración, promove este seminario ao redor do potencial do cooperativismo e da economía social para ser motor na xeración de emprego de calidade.

Esta actividade formativa de carácter gratuíta, está organizada e impartida por ESPAZOCOOP, ten unha duración de 20 horas e se celebrará en horario matinal no Centro Municipal ACCEDE Papagaio.

A quen está dirixido?

Esta formación esta dirixida ao persoal técnico que desenvolve o seu traballo en entidades especializadas nos ámbitos da inserción laboral e o fomento do emprego en A Coruña.

Que obxetivos queremos axudarte a alcanzar?

– Coñecer as posibilidades que ofrecen as fórmulas de economía social para a xeración de emprego.
– Descubrir o modelo cooperativo como unha alternativa real de autoemprego colectivo.
– Analizar as vantaxes e inconvenientes do modelo cooperativo en relación con outras alternativas de emprego e autoemprego.
– Contar con claves para o acompañamento exitoso aos grupos promotores de proxectos.
– Afondar nas características e especificidades da fórmula cooperativa na viabilidade, constitución e posta en marcha: aspectos laborais, fiscais, organizativos e de xestión.
– Contar con modelos e ferramentas que faciliten o asesoramento e a dinamización en cooperativismo.

Fai clic, para consultar o programa e realizar a túa inscrición

PROGRAMA e INSCRICIÓN

 

2017-11-03T11:24:09+00:00 25/10/2017|Destacados, Formación, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies