Plan de Traballo para Fomento do Cooperativismo | Convenio de Colaboración 2017 co Concello da Coruña

/, Novas do cooperativismo/Plan de Traballo para Fomento do Cooperativismo | Convenio de Colaboración 2017 co Concello da Coruña

Un ano máis ESPAZOCOOP mantén un Convenio de Colaboración co CONCELLO da CORUÑA para fomentar o cooperativismo e a economía social. No desenvolvemento deste colaboración a Unión está executanto e implementando un Plan de Traballo con varias liñas de accións :

Seminarios de difusión do cooperativismo | Na educación secundaria e formación profesional

Os seminariosE ti, coñeces a fórmula?  fanse entre os meses de outubro a decembro, realizaremos 13 seminarios, de 4 horas de duración cada un, en colaboración cos seguintes centros de ensino do Concello da Coruña:

  • Colexio Andaina
  • CIFP Imaxe e Son
  • CIFP Someso
  • IES Fernando Wirtz

Estas sesións teñen como obxetivo realizar divulgación cooperativa, dar a coñecer e practicar cas ferramentas para a constitución dunha cooperativa, e amosar casos prácticos: boas prácticas e oportunidades.

Seminarios de divulgación do cooperativismo | Para persoas participantes en itinerarios para o emprego

A programación para esta actividade comprende 8 seminarios, de 4 horas de duración cada un, que se realizarán ata o o mes de decembro, en colaboración coas seguintes entidades do Concello da Coruña:

  • ACOPROS
  • UXT
  • COGAMI
  • Ecos do Sur
  • Fundación Juan Soñador

O programa trata o emprendemento colectivo e as fórmulas empresariais da economía Social; O cooperativismo de traballo como alternativa de emprego, os seus Principios e valores cooperativos; As persoas socias e a Organización interna; e por último o Financiamento interno e externo e Experiencias cooperativas.

Seminario ‘ Potencialidades da Economía Social e o Cooperativismo como xeradores de emprego de calidade’ | Formación para persoal técnico

Trátase dun obradoiro de 20 horas de duración que se impartirá entre o 27 de novembro e o 18 de decembro, dirixido a persoal técnico de entidades que traballen nas áreas de emprego e inserción laboral da Coruña. Máis información aquí.

Acompañamento a proxectos cooperativos | Para a posta en marcha e consolidación 

Apoio a varios proxectos cooperativos e pre-cooperativos do Concello da Coruña ao longo do ano.

A colaboración coa entidade municipal é unha boa oportunidade tanto de cumprir o obxetivo de impulsar e fomentar o cooperativismo no Concello, como para crear redes de colaboración, vínculos e coñecemento mutuo con outras entidades e axentes sociais da cidade que potencian e contribúen aos resultados, tamén de cara a xerar novas alianzas e proxectos comúns co tecido organizativo da cidade.

 

2017-11-20T15:32:16+00:00 20/11/2017|Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies