Hoxe o xornal La Voz de Galicia publica un especial, na súa sección de Economía, sobre empresas que foron quen de rexurdir da crise, sendo recuperadas polos seus propios traballadores e traballadoras.

 

Na nova, faise referencia aos datos da Confederación Europea de Cooperativas Industriais e de Servizos (Cecop-Cicopa) que destacan que durante o ano 2012, nos 28 países da UE foron recuperadas polos seus traballadores 150 empresas, 75 delas en España. En palabras de Paloma Arroyo, Directora da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado – COCETA, a fórmula cooperativa é a idonea, pois permite, a un tempo, xerar riqueza no local, e que as persoas traballadoras controlen as súas vidas e as súas empresas.

 

Na nova achéganse as testemuñas das cooperativas socias de Ugacota Metal Unión e Zero-Pro, e doutras empresas transformadas nos últimos tempos: Inoxdubra, Vicusgraf e Seaquarz Ferrol, as dúas últimas, baixo a fórmula de sociedades laborais.

 

Podes consultar a nova premendo aquí.