Novas cooperativas socias

/, Novas do cooperativismo/Novas cooperativas socias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nutre en Bio teñen como actividade o cultivo e comercialización de alimentos ecolóxicos, directamente da horta á mesa, está formada por varios produtores y produtoras das comarcas do Baixo Miño, Condado e Paradanta.
Destacan as súas cestas de produtos da horta a domicilio, horta de tempada escollida no seu mellor momento.
Actualmente teñen un posto de venda ao público no céntrico Mercado do Progreso de Vigo (posto nº 10), na rúa Progreso 28.

Facebook Nutre en bio

 

O Tempo da Aldea Sociedade Cooperativa Galega nace co obxectivo de poñer en valor e explotar os recursos da parroquia de Rebordechán (Crecente) para crear emprego e diminuír o risco de incendios, para darlle nova vida á aldea.
Rebordechán (Crecente) é unha parroquia duns 50 veciños e veciñas, Unha aldea de tantas, desas que hai espalladas por Galicia con demasiados funerais e ningún nacemento. Para evitar o último dos enterros, o da aldea en si mesma, quixeron dar pasos importantes.

No ano 2007 a Comunidade de Montes promoveu un proxecto de recuperación integral da parroquia baseado no aproveitamento dos recursos propios. Moito tempo despois, o 26 de xuño de 2014, o Concello de Crecente, previo informe favorable da Xunta, aprobou darlle licenza de obra para a construción dun establo para cabras, a instalación dun invernadoiro para horta ecolóxica e a dun campamento con tenda e restaurante incluído.
Os 79 socios e socias están hoxe máis convencidos e convencidas que nunca de poder adaptar os vellos recursos ás novas demandas, de poder demostrar non só que a aldea está viva, senón que lle queda moita vida por diante.

Web O tempo de aldea

 

Catro Ventos Editora xorde da combinación de dous elementos igual de importantes:
o desexo de poder desenvolver unha actividade profesional que non só sexa viable economicamente, mais tamén coherente cos principios éticos das persoas socias que participan no proxecto; e a constatación de que existe un baleiro no mundo editorial galego nos eidos da economía social e da ecoloxía, malia o crecente interese da sociedade en xeral por estas cuestións.
Son cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro.

Web Catro Ventos

 

Xeracción ten como actividade principal a intervención sociocomunitaria. Formada por un equipo procedente de diversos ámbitos da acción social (integración social, mediación social, traballo social e psicoloxía) que está implicado co desenvolvemento comunitario.

Os servizos de intervención socio comunitario están dirixidos a entidades, públicas e privadas, e a particulares, fundamentándose en tres piares, a participación cidadá, o feminismo e a mediación.

Servizos:
Participación e dinamización comunitaria
Consultoría de xénero
Mediación
Atención e orientación psicolóxica individual e grupal
Políticas sociais

Web Xeracción

 

 

2017-09-08T18:51:34+00:00 8/09/2017|Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies