Na Unión damos a benvida a dúas novas cooperativas que se unen a Espazocoop, Gálica (consultoría e formación ) e CS Idiomas (academia de ensino de idiomas) .

 

 

 

 

 

 

 

 Gálica, S. Coop. Galega

 

Gálica presta servizos de formación e consultoría.

En canto a formación ofrecen: Formación bonificada – Cursos homologados, adaptada ás necesidades.

No tocante ao servizos de consultoría ofrecen : Sistemas de xestión – Calidade, Medio ambiente, Prevención dos riscos laborais, I+D+i, Eficiencia enerxética – Seguridade alimentaria – RSE – LOPD – Outsourcing – Auditorías)

A cooperativa está na cidade da Coruña.

Web de Gálica

 

 

 CS Idiomas, S. Coop. Galega

C.S. Idiomas é unha academia de ensino de idiomas. Ofrecen clases individuais ou en grupos reducidos para aprender outras linguas como o inglés, con atención individualizada e total adaptación ás necesidades da alumna ou do alumno. Están ubicadas na cidade da Coruña.

Síguelles nas redes