“Mellor xuntos” é un programa da TVG dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas. Iniciaron as emisións en outubro e levan seis programas, grazas a Mellor Xuntos, estamos coñecendo algunhas das cooperativas socias da Unión.

O último emitiuse esta semana, o 22/11/16, o programa visitou Nova Aseconia, unha cooperativa de Santiago en que traballan duramente para rehabilitar todo tipo de edificios, desde mansións e castelos ata apartamentos. Tamén dá unha volta pola mar con Barquito Velero, nome dun proxecto que se dedica a educar cativos en Vigo nun ambiente de liberdade e respecto. Amosa outros proxectos como Urdime, unha cooperativa que achega ao espectador/a a cultura galega, e Cofepa, en Ferrolterra, onde ensinan a conducir ben.

Lembra que podes ver os programas emitidos de Mellor Xuntos na web da TVG: Programa Mellor Xuntos – TVG

Foto: Urdime s. coop. galega