LACES: Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social

LACES : Laboratorios de apoio á creación de Emprego e Empresas de Economía Social

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop participa no proxecto LACES: Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e Empresas de Economía Social, cofinanciado ao 75% polo FEDER no ámbito do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O proxecto que se realiza entre 2015 e 2019 está dirixido a empresas e grupos de emprendemento da economía social que desexen buscar apoio e orientación nos seus procesos de creación, modernización e crecemento.

Ademais da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop son entidades socias do Proxecto (formando un consorcio) a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a UTAD – Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, a Cámara Municipal de Santo Tirso, a In.Cubo – Incubadora de Iniciativas Empresariais Inovadoras, Tec Minho, Agaca e Aesgal.

O proxecto LACES quere contribuír ao desenvolvemento da economia social na euro-rexión Galiza-Norte de Portugal tendo como obxetivo proporcionar un salto cuantitativo na competitividade e estimular proxectos de economía social no espazo transfronteirizo. O proxecto actuará como fonte de coñecemento e innovación para conseguir modernizar as estratexias de promoción e apoio a esta economía solidaria e colaborativa, favorecendo a consolidación e a creación de empresas e empregos de calidade na euro-rexión.

Prevé a realización dun conxunto de servizos agrupados en 4 laboratorios piloto orientados para a implementación de novas estratexias de promoción e apoio á economía social en sectores emerxentes e para a modernización dos máis tradicionais:

1. Laboratorios para la identificación de oportunidades de negocio
+ unidade de identificación de oportunidades de negócio en economía social vinculadas aos sectores emerxentes ou a exploración de recursos endóxenos no espazo transfronteirizo, incluíndo o sector primario:
+ redación de axendas sectorias para incentivar a creación e a consolidación de empresas de economía social en sectores emerxentes;
+ unidade de recursos interactivos para o deseño e maduración de oportunidades de negocio.

2. Laboratorios de creatividade e comunicación en economía social
+ mostra de ideas empresariales en economía social;
+ forums de economía social;
+ rede dixital de economía social (economía social net).

3. Laboratorios para a creación e consolidación de empresas de economía social
+ aceleradora de proxectos da economía social;
+ creación de espazos de emprendemento POP UP;
+ programa de apoio a empresas “transforma-te e crece” ;
+ vales de servizos a empresas da economía social.

4. Laboratorios para o reforzo e melloría da capacitación de recursos humanos
+ programa de movilidade “residencias transfronteirizas “ para cadros de empresas da economía social;
+ bolsas de xestión e dirección transfronteirizas;
+ academia de talento da economía social.

Dende o 01/10/2015 ata o 31/12/2019, desenvolve o Proxecto o consorcio de entidades liderado pola Secretaría Xeral de Emprego – Consellería de Economía, Empleo e Industria.

Este proxecto está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O custo total do proxecto é de 2.917.543,35 €, cofinanciado por FEDER con 1.970.440,03 €.

Máis información:

Facebook  | Proxecto Laces Economía Social

+ Páxina web | Proxecto Laces : www.laceseconomiasocial.com

+ Canle temática: Laces Economía Social Tic, dinamizada por EspazoCoop:

+ Laboratorio para a identifidación de oportunidades de negocio: Modernización do sector primario

 

>>> Para calquera información a través da Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, contacte con Ramón Carmelo Rodríguez no correo ramon@espazo.coop.

FINANCIA:

 

 

 

SOCIAS:

 

 

LACES – Laboratorios de Apoio á Creación de Emprego e de Empresas de Economía Social
Programa Interreg V-A España-Portugal POCTEP 2014-2020

 

2019-02-04T17:10:45+01:001/11/2017|Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Comentarios desactivados en LACES: Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social

Para compartir esta historia, elija cualquier plataforma

Go to Top