A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado – COCETA, da que forma parte UGACOTA, ven de publicar un informe, elaborado con datos extraídos do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.

Neste informe reflíctese a evolución da creación de novas cooperativas nos anos 2011 e 2012. No ano 2011 creáronse un total de 974 novas cooperativas, no 2012 houbo un repunte e cifra final ascendeu a 1005, destas novas cooperativas, 633 foron de traballo asociado, no 2011 e 733 no 2012.

No caso de Galicia, o informe reflicte que no ano 2011 crearonse 28 novas cooperativas, mentres que no 2012 foron dez mais, alcanzando as 38 novas cooperativas creadas.

Podes consultar o informe completo aquí: Evolución Cooperativas 2011 al 2012 (23-04-2013)