Desde a Rede de Economía Alternativa e Solidaria REAS Galicia invítannos o sábado 23 de xaneiro en Ordes ao I Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, que baixo o lema: Intercooperar!!  ten por finalidade darlle visibilidade e coñecer directamente ás persoas que forman parte do sector; creando ou revitalizando espazos de intercooperación. O encontro terá lugar o próximo 23 de xaneiro na Praza de Abastos de Ordes.

Hai inscritas máis de 70 persoas pertencentes ou interesadas na economía alternativa e solidaria galega. 20 delas participarán no Reascunchiño (micropresentacións de experiencias). Entre outras, van a participar:

Som Energia, La Canalla, A Estruga Espazo Agroecolóxico, Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, Cooperativa Ribeira do Navia, Casa turística A Palleira de Tronceda, Bico de Grao Cooperativa, Cestola na Cachola, Xeira Consultora S. Coop. Galega, Proxecto Integral Compostela – PIC, Feitoría Verde, ODS Coia, Federación de Cooperativas Sinerxía, AIS O Peto ou Rede SAL!!

 

O Encontro inclúe distintas actividades:

“Pequenos Stands Informativos” (no que participarán as distintas entidades participantes).

 “ReAScuncho” micropresentacións de experiencias (no que ofertar, demandar, dar e recibir).

Facer contactos nas Mesas de traballo 

O evento vai dirixido preferentemente a todas as entidades da economía social, alternativa e solidaria de Galicia que queiran darse a coñecer ou achegarse a ver o que se está facendo ou o que se pretende facer por estes lares a medio prazo

DESCARGA O PROGRAMA

Se non sabes como chegar á Praza de Abastos de Ordes pincha aquí: https://goo.gl/maps/PrazaAbastosOrdes.

A entrada é libre e gratuita ata completar aforo.

Apoian o evento REAS Red de Redes (estatal) e doutros territorios (REAS Euskadi, Navarra, Andalucía, Baleares…) ademais das cooperativas Xeira Consultora, Bico de Grao, Cestola na Cachola, Ítaca Software Libre, Os Anxos, Coop57 GZ; e tamén a Federación de Cooperativas SINERXIA, Albergue de Tronceda ou Mermeladas A Sazón, como entidades que conformamos actualmente REAS Galicia… e ti?

Para a inscrición e máis información:  secretariareasgz@gmail.com