Guía de compra pública responsable e do fomento da contratación pública de entidades e empresas da Economía Social

Esta guía elaborada por CEPES,  responde ao establecido no Lei 9/2017, de 8 de novembro de Contratos do Sector Público.

GUÍA DE COMPRA PÚBLICA RESPONSABLE E DO FOMENTO DA CONTRATACIÓN PÚBLICA DE ENTIDADES DA ECONOMÍA SOCIAL

Trátase dun instrumento útil para as Administracións que queren implementar de forma efectiva políticas de contratación pública responsable, así como para aquelas empresas de Economía Social que pretendan incidir nesta materia.

Elaborouse cun enfoque práctico e directo para aquelas Administracións Públicas que queren promover os criterios sociais, incluíndo a análise das posibilidades existentes co actual marco xurídico e as dúbidas máis habituais que se poidan xerar.

Tamén se propoñen modelos de cláusulas susceptibles de ser incorporadas nos pregos de contratación pública con plenas garantías xurídicas. E acompáñase cada cláusula do seu correspondente sistema para a verificación e control do seu cumprimento, de forma que se facilita ao máximo o traballo ás persoas responsables da redacción dos pregos e da comprobación da correcta execución dos contratos públicos.

Fontes: Cepes – Coceta