O grupo promotor de MEDIATLANTIA Consultoría Europea (integrado por tres persoas socias) que xa teñen comezado cos trámites de constitución e acompañamento con UGACOTA, piden a nosa colaboración para ver se algunha cooperativa con sede en A Coruña e tamén Santiago teríades e estaríades dispostas a compartir espazos con eles/as para a posta en marcha do seu proxecto. Antes de ir a un espazo de co-working ou centro de negocios, prefiren explorar esta posibilidade de intercooperación.

As súas necesidades son de local de oficina acondicionado e con conexión a internet e espazo para dous (Coruña) e un posto de traballo (Santiago). Ideal pequena sala de reunións. Condicións a convir.

As cooperativas interesadas podedes enviar un correo electrónico a tino@ugacota.coop e vos poremos en contacto.