Formación comercial para fortalecer ás cooperativas | Nova sesión: 8 setembro

/, Novas do cooperativismo/Formación comercial para fortalecer ás cooperativas | Nova sesión: 8 setembro

En setembro Espazocoop retoma o curso FORMACIÓN COMERCIAL PARA FORTALECER ÁS COOPERATIVAS.

A unión celebra a próxima sesión o venres 8 de setembro en Santiago de Compostela, na que iniciamos o 2º bloque temático : Divulgación e posta en práctica de habilidades e ferrramentas operativas para a mellora dos procesos e estratexias de comercialización das cooperativas participantes.

Trátase dunha capacitación libre de custos para as cooperativas participantes que se desenvolve en modalidade presencial.

>> Neste curso contamos con persoal formador especializado e experimentado na área comercial:

– Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero ( Suma Importancia) : 12 de maio, 9 de xuño e 7 de xullo.

– Silvia Lobato Muriente (WEDU Sociedad&Educación): 8 e 29 de setembro.

>> O curso ten unha duración de 20 horas (distribuídas en 5 sesións e unha cita mensual)

>> Queremos traballar aspectos tanto da xestión como das habilidades no ámbito comercial das cooperativas.

>> Analizaremos e concretaremos as medidas necesarias no sistema comercial, e poremos en práctica competencias e ferramentas para levar a cabo as estratexias que contribuirán á mellora.

>> A actividade formativa desenvólvese en horario matinal, de 10 a 14 h.

>> Datas das sesións: 12 de maio, 9 de xuño, 7 de xullo, 8 de setembro e 29 de setembro de 2017.

>> Lugar de celebración: Santiago de Compostela – Centro da Rede Eusumo na Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca). Rúa Tomiño 22 entrechán.

As prazas son limitadas a un máximo de 20 participantes, con prioridade de asistencia das cooperativas asociadas, e pódese realizar a inscrición ao curso completo ou ben por sesións individuais.

PROGRAMA: Formación comercial para fortalecer ás cooperativas INSCRICIÓN: Aquí

 

[Esta actividade está no marco da programación de actividades da Rede Eusumo: Fomento do Cooperativismo e da Economía Social, para o ano 2017.]

 

2017-09-01T12:10:08+00:00 1/09/2017|Formación, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies