A UNIÓN DE COOPERATIVAS ESPAZOCOOP ante a brutal ola de incendios sucedidos a fin de semana en múltiples puntos de Galicia con especial virulencia no sur da comunidade, queremos comunicar a nosa solidariedade e afecto á familia e ás amizades das persoas falecidas, tamén unha mensaxe de ánimo e apoio para tódalas persoas que foron afectadas nesta situación (aínda que creemos que sómolo todas-os). E como non, ás cooperativas que sufriron os lumes e as súas consecuencias.

Lamentamos ademais a destrución do medio, dos ecosistemas e da vida natural e diversa dos nosos montes e bosques, e sentimos o dano que se causa á natureza, á terra, e ao noso patrimonio e á cultura.

A cidadanía unha vez máis mostrou a gran capacidade de reacción, de colaboración e de solidariedade que ten cando toca arrimar o ombro, e foi admirable tamén o traballo de profesionais que con gran esforzo e con moitas dificultades e perigos afrontaron a extinción dos lumes. Grazas.

Creemos que esta pode ser unha oportunidade para abordar con altura de miras como sociedade a complexidade da problemática dos incendios en Galicia, e arriscar nas diversas solucións.

Espazocoop amosamos tamén dispoñibilidade para colaborar na resolución desta problemática dende o ámbito do cooperativismo, que ten probado potencialidades neste sentido, para contribuír no posible aos cambios necesarios de modelo, salvando e erradicando situacións tan tristes como as vividas a fin de semana en Galicia.