Espazocoop ven de iniciar neste mes de marzo unha programación de actividades formativas en modalidade presencial para o ano 2017 dentro do marco da Rede Eusumo, que se prolongará ata o mes de setembro en distintas localidades e centros da Rede de toda Galicia.

Marzo estrou a programación de obradoiros presenciais con cursos en Vilagarcía de Arousa, no centro da Rede Eusumo Dalle que Dalle s. coop. Galega, co taller de “Formación cooperativa para persoas que queren emprender” e co de “Por que non traballamos en equipo?”, ademais ten previsto outra edición de formación cooperativa en Salceda de Caselas na última semana do mes (preme aquí).

A Unión de Cooperativas Galegas impartirá, de marzo a setembro, varias edicións de 9 tipos de obradoiros, e a través deles trabáballanse distintos contidos e temáticas ao redor do cooperativismo e a economía social, co fin de dalo a coñecer e promover este sector. O programa está apoiado con fondos públicos do goberno galego, polo que os talleres son de acceso gratuíto, previa inscrición. A previsión da Unión é realizar máis de 25 obradoiros, impartir máis de cincocentas horas de formación en cooperativismo e economía social, e capacitar a máis de trescentas persoas.

Rede Eusumo: Espazocoop forma parte da Rede Eusumo que é unha rede impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social en Galicia.
A Rede procura o fomento da aptitude emprendedora prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social. A través da Rede Eusumo:

  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
  • Posta a disposición de medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego cooperativo.

Accións formativas presenciais: As accións formativas que Espazocoop impartirá na súa programación de formación da Rede Eusumo 2017, de marzo a setembro, son estas:

  • Formación cooperativa para persoas que queren emprenderon.
  • Por que non traballamos en equipo?. Habilidades para o traballo en contornos cooperativos.
  • Contabilidade para o emprendemento cooperativos. 
  • Elabora o teu plan de empresa cooperativo. 
  • Achegándonos ao conflito. Habilidades sociais para a xestión do conflito. 
  • Novas economías, de que estamos a falar?. As economías basadas nas persoas de cara á sustentabilidade.
  • Dinamización do cooperativismo nun sector potencial.
  • Educar en cooperativismo. 
  • Cooperativas de ensino, unha alternativa de emprego.

Destinatarias: A formación está dirixida a todo tipo de colectivos en xeral con interese no modelo cooperativo, e tamén enfocada para grupos de emprendemento e proxectos colectivos, e como non? para as cooperativas.

Formación con certificación: A formación ten posibilidade de certificación. Neste sentido, suliñar tamén que parte dos obradoiros son baremables para a obtención do permiso de explotación marisqueira no sector marítimo, porque é capacitación de interese e utilidade para o impulso e mellora deste sector, están incluídos no Catálogo de Actividades da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Oferta noutras modalidades: Por último avanzar que a unión de cooperativas galegas Espazocoop tamén vai a programar formación en modalidade de teleformación a partir de abril, con 6 tipos de cursos e coa previsión de realizar dez accións, que se suma ao plan formativo previsto para este ano, e amplía a oferta. Serán os seguintes cursos que se enfocan en áreas específicas en materia cooperativa:

  • Regulamento de réxime interno nas cooperativas.
  • Asembleas e reunións.
  • Responsabilidade social empresarial nas cooperativas.
  • Cultura financeira para xestión cooperativa.
  • Ferramentas de financiamento ético e alternativo.
  • Iniciación á cooperativa de traballo.

+ Información:

Na páxina web de Espazocoop iranse publicando e difundindo as programacións previstas mes a mes, e tamén se divulgarán a través das súas redes sociais (facebook – twitter) . Ademais podes contactar coa Unión.