No marco do Proxecto Rede Coruña Emprega II, cofinanciado polo FSE, o Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña, organiza este Encontro que ten por obxectivo poñer en común e compartir experiencias e boas prácticas no emprego, dende a perspectiva do traballo en rede, destacando os aspectos clave da cooperación público-privada no ámbito local e poñendo en valor as iniciativas desenvolvidas a través das diferentes convocatorias de axudas do FSE.

Dende Ugacota, como entidade membro da Rede Coruña Emprega, convidámosvos a participar e animámosvos a difundir esta actividade.
Encontro Nacional de Pactos Locais polo Emprego: Experiencias e boas prácticas
DATA: venres, 25 de outubro de 2013

LUGAR: Centro Cultural Ágora. A Coruña

INSCRICIÓN: Pica aquí

PROGRAMA: programa_encuentro_pactos_locales_coruna