A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal – AECT, a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Cooperativa António Sérgio para a Economía Social (CASES), convidan a participar no Encontro de Cooperativas da Eurorrexión, que terá lugar o 20 de xuño na Escola Superior de Ciências Empresariais do IPVC (Av. Pinto da Mota, 4930-600 Valença do Minho).

Coa finalidade de visibilizar ás cooperativas, e para que esta xornada de traballo sirva como verdadeiro punto de encontro e de cooperación para estas institucións, poñen ao dispor das cooperativas que o desexen un espazo expositivo no que poidan expoñer produtos ou material informativo propio, tal como:
·         Actividades principais
·         Datos de contacto do representante no evento.

Programa Encontro Cooperativas Galicia – Norte de Portugal : Aquí

Confirmación da participación antes do 16 de xuño por e-mail: gnpaect@gnpaect.eu ou no teléfono: (0034) 986 135 126.

Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal – AECT, Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e Cooperativa António Sérgio para a Economía Social (CASES).