Ven mergullar no portugués | Descontos para socias de Espazocoop

/, Novas do cooperativismo/Ven mergullar no portugués | Descontos para socias de Espazocoop

MaOs está colaborando este ano coa Associaçom Galega da Língua, AGAL, para promover os cursos aPorto e queren ofrecer ás cooperativas afiliadas a Espazocoop a posibilidade de asistir aos cursos de formación en lingua portuguesa aPorto gozando dun desconto no prezo de matrícula.

aPorto son cursos de portugués realizados no Porto, cunha semana de duración e especificamente deseñados para persoas con coñecemento de galego (mais tamén para persoas con nivel medio-alto de portugués). Pola mañás recíbense aulas centradas na expresión oral e pola tarde hai actividades culturais e conversas informais imposíbeis de encontrar como turista. (Este ano, por exemplo, a librería UNICEPE organizará actividades exclusivas). Nesta quinta edición, os cursos serán nas seguintes datas:

  • 24 a 28 de xullo (aPorto plus)
  • 24 a 28 de xullo (aPorto)
  • 31 de xullo a 4 de agosto (aPorto)
  • 7 a 11 de agosto (aPorto)

As cooperativas afiliadas a Espazocoop que soliciten o aPorto para 3 ou máis persoas terán un prezo reducido de 175 euros (IVE incluído) incluíndo as clases, dous manuais de lingua e as actividades lúdico-culturais. Se algunha das persoas inscritas quixese levar acompañante que asista só as actividades socioculturais, o prezo sería de 35 euros (IVE incluído).

Se tendes interese e queredes máis informaicón, contactade a través do correo cursos@agal-gz.org.

Para inscribirse aquí – Toda a información en www.aporto.org

 

 

Óscar Senra Gómez – MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega
tlf. 694474166 | http://www.maos.gal

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies