Curso ‘Mulleres emprendendo e cooperando desde o rural’ | 13 -30 Nov. en Agolada

/, Novas do cooperativismo/Curso ‘Mulleres emprendendo e cooperando desde o rural’ | 13 -30 Nov. en Agolada

As cooperativas CESTOLA NA CACHOLA e FEITORÍA VERDE desenvolven un curso formativo sobre autoemprego cooperativo en Agolada dirixido a mulleres: MULLERES EMPRENDENDO E COOPERANDO DESDE O RURAL.

Trátase de formación para a creación de proxectos de autoemprego sustentables no territorio e no tempo baseados nos principios do cooperativismo e a economía social, terá unha duración de 30 horas (24 h. presenciais e 6 h. de titoría individual), entre o 13 e o 30 de novembro de 2017, no Fogar da Terceira Idade de Agolada.

Para proxectos que fomenten:

  • A utilización de recursos de proximidade
  • O intercambio, a xeración de redes e sinerxías entre as persoas participantes
  • A economía social, a fórmula cooperativa e as súas posibilidades

Empregará unha metodoloxía participativa e contidos adaptados á realidade local e da comarca. As mulleres destinatarias son quen mellor coñecen o seu territorio e por tanto quen mellor sabe que carencias hai, que se necesita e que potencialidades ten a súa contorna.

Formación gratuíta – Prazas: 15 – Datas: 13 , 16 , 20 , 23 , 27 e 30 de novembro – Horario: 16 – 20 h.

Máis información e inscricións: info@cestolanacachola.org – telf. 679 342 562

Organiza: Concello de Agolada | Imparte: Cestola na Cachola – Feitoría Verde | Apoia: Deputación de Pontevedra

 

 

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies