Coop57 iniciou a campaña de emisión de títulos participativos da cooperativa de vivenda La Borda : 

 

Emisión de títulos participativos de la cooperativa de viviendas La Borda[Emisión]

865 títulos participativos de 1.000 euros,
a un prazo de 3 anos e unha remuneración anual do 1,75%.
[Período de subscrición] Desde o 20 de abril ata o 31 de maio de 2017.
[Coordinación e xestión] Coop57 SCCLCL

 

Dende hai moito tempo estase a traballar para impulsar e facer posible o procecto de La Borda, unha cooperativa de vivendas en réxime de cesión de uso ubicada no recinto de Can Batlló, no barrio de Sants de Barcelona.

Unha das forzas e singularidades do proxecto é que se financiará, completamente, ao marxe do sistema financeiro convencional.  Neste contexto, La Borda lanza unha emisión social de títulos participativos poñendo en práctica un modelo de financiamento alternativo, que chama á implicación social para levantar un proxecto de vivenda cooperativa e transformadora. En total emitirán 865 títulos participativos de 1.000 euros cada un, por un total de 865.000 euros.

Para que esto sexa un éxito necesitamos amosar que a economía social e solidaria é unha rede e que pode actuar como tal e é por eso que vos pedimos implicación para subscribir títulos e para facer difusión da campaña de emisión de títulos participativos e extendelo a todas as vosas redes e persoas vinculadas.

COMO ADQUIRIR TÍTULOS?

[Por web] A través do formulario de adquisición.

[Por correo] Calle Premià, 15, bajos, 08014, Barcelona

[Por teléfono] 93 268 29 49

[Por e-mail] titols@coop57.coop
Xuntas podemos facer cousas que por separado sería imposible!

Máis información aquí