Cooperatives Europe busca historias cooperativas de xénero en #MyCoopStory 2018

Cooperatives Europe lanzou o concurso #MyCoopStory, onde busca historias cooperativas, neste caso relacionadas co tema de xénero e igualdade, para expoñelas durante a súa próxima asemblea xeral en Dinamarca. #MyCoopStory 2018 buscará persoas mozas (entre 18-35 anos) que estean desenvolvendo actividades ou contribuíndo a través da súa cooperativa ao avance do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) nº 5, sobre Igualdade de xénero.

A través dos seus valores e principios, as cooperativas contribúen ao avance da igualdade de xénero nas súas respectivas sociedades. “Queremos amosar os mellores exemplos da xente moza cooperativistas europeos neste campo”, explican desde Cooperatives Europe. “Asociámonos cos nosos membros Kooperationen -os organizadores da asemblea xeral 2018- e Young European Cooperators Network, para celebrar e promover o traballo que están facendo”.

#MyCoopStory busca persoas novas que sexan cooperativistas, que presenten os seus modelos de negocio e expliquen os seus proxectos ou actividades en materia de igualdade de xénero. Os representantes do proxecto ganador viaxarán a Dinamarca (viaxe e aloxamento cubertos), onde presentarán o seu proxecto e terán a oportunidade de ampliar a súa propia rede de contactos na reunión da Rede da Mocidade Cooperativista Europea (YECN). Os mellores vídeos tamén se distribuirán nas redes cooperativas europeas.

Como participar en #MyCoopStory?

Para participar, as persoas interesadas deben completar un cuestionario e responder algunhas preguntas sobre o proxecto e a súa visión antes do 25 de marzo. Si son seleccionadas/os para unha segunda rolda, deberán realizar un vídeo de 2 minutos presentando o proxecto. Os mellores vídeos distribuiranse nas redes sociais de Cooperatives Europe. E a cooperativa seleccionada presentarase na propia asemblea da Confederación de Cooperativas Europeas.

Máis información aquí