CEPES e ELKARGI, sociedade de garantía recíproca, con amplia traxectoria de prestación de avais, actuando no sector da economía social asinan un acordo para mellorar as condicións de financiamento a través de avais.

A Confederación Empresarial Española da Economía Social -CEPES- e a sociedade de garantía Elkargi SGR asinaron un convenio de colaboración polo que dá a coñecer o valor que aporta o aval de Elkargi SGR como instrumento no financiamento das empresas de economía social: acceso ao financiamento, mellora nas condicións de custo e prazo, incremento nos límites de risco coas entidades bancarias, e credibilidade aos proxectos empresariais, principalmente.

– O convenio de colaboración asinado entre ambas entidades dá a coñecer aos 26 socios membros de CEPES e aos seus máis de 43.000 empresas asociadas a mellora das condicións do financiamento que se conseguen co aval.

– Elkargi SGR é a única sociedade de garantía recíproca a nivel estatal cunha especialización e dirección específica en Economía Social.

O presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, e o director xeral da sociedade de garantía recíproca Elkargi SGR, Pío Aguirre, foron os encargados de subscribir este acordo.

Con 37 anos de experiencia e preto de 15.300 empresas asociadas, Elkargi SGR leva apoiando ás empresas da Economía Social no seu territorio histórico: País Vasco, Navarra, Aragón, A Rioja, Cantabria coa colaboración de entidades deste ámbito (Konfekoop, Erkide, FCAE, ASLE, ANEL,) así como a través de convenios de colaboración co Concello de Madrid e en Cataluña aos asociados de Fundació Seira e Coop57, entre outros.

Así mesmo, está traballando apoios públicos e doutras SGR autonómicas para poder chegar a máis territorios cos que poder atender ás máis de 43.000 empresas representadas polos 26 socios de CEPES.

Para Juan Antonio Pedreño, “é fundamental mostrarlle ás empresas as diferentes vías de financiamento coas que contan na actualidade, tan necesarias para o desenvolvemento da súa actividade ou para a creación de novas empresas e postos de traballo”.

“A falta de financiamento dificulta en moitas ocasións o coñecemento que as empresas teñen de todos estes mecanismos de acceso a recursos. De aí a importancia de xerar liñas de colaboración entre os axentes financeiros como Elkargi SGR e a Economía Social”, asegurou Pedreño.

Pola súa banda, Pío Aguirre asegurou que “esta colaboración posibilita que as empresas coñezan instrumentos financeiros, a través do aval, que lles dan estabilidade a longo prazo e crecemento”.

E engade que “a clave do financiamento de todo proxecto empresarial é a confianza e o aval de Elkargi SGR reforza este concepto”.

Fonte: web Cepes

 

Para máis información sobre Elkargi: http://www2.elkargi.es/es

Os datos da persoa á que vos podedes dirixir en Elkargi son:

Alberto Molano | Telf : 943.30.90.60 | Mail: amolano@elkargi.es