Juan Antonio Pedreño foi reelixido presidente da Confederación Empresarial da Economía Social de España

//Juan Antonio Pedreño foi reelixido presidente da Confederación Empresarial da Economía Social de España

O presidente da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA), Juan Antonio Pedreño, foi reelixido presidente de Cepes, a entidade estatal que reúne a todas as empresas da economía social do Estado español.

Dentro deste sector empresarial -que segundo o Ministerio de Emprego e Seguridade Social achega a España o 10% do Produto Interior Bruto- as cooperativas de traballo son o seu piar destacado. Con preto de 17.000 cooperativas que dan emprego a unhas 210.000 persoas, teñen un volume de negocio de 30 mil millóns de euros anuais e manteñen un 75% dos empregos como indefinidos.

A Confederación Española de Empresas de Economía Social (CEPES) xunta as cooperativas de traballo, ensino, consumo, vivenda e transportes, as sociedades laborais, as fundacións, as confrarías de pescadores e as mutualidades.

“É unha ardua tarefa que estou moi orgulloso de levar a cabo -declarou Pedreño-. “Aínda queda moito traballo por facer para visibilizar un modo de facer empresa que prioriza a persoa por enriba do capital, e que é un exemplo a seguir para o resto da economía, sobre todo nestes momentos de crise, onde se fixo evidente que grazas á súa flexibilidade poden resistir cando outras fórmulas decaen”.

Este é o segundo mandato consecutivo de Pedreño, nunha tarefa que comezou en 2008. Nestes catro anos conseguiu poñer en valor ao sector, e logrou un recoñecemento da economía social por parte das distintas forzas políticas no poder, como unha gran ferramenta valiosa para mellorar o mundo, manter os empregos e desenvolver a economía no seu conxunto.

“Fonte indiscutible de oportunidades”
Na Asemblea de CEPES, onde Pedreño foi re-elixido, destacou a presenza da Ministra de Empleo, Fátima Báñez, quen durante a súa intervención sinalou a aposta do Goberno de España pola economía social xa que “é fonte indiscutible de oportunidades e de creación de emprego estable e ademais contribúe a crear tecido social, tan necesario nestes tempos de dificultades,”.

Neste sentido, puxo de manifesto que a destrución de emprego durante a crise foi seis puntos inferior nas cooperativas que no resto das empresas; e que no primeiro trimestre deste ano se incrementou o número de cooperativas por primeira vez dende mediados de 2007. Tamén quixo destacar o investimento de máis de 940 millóns de euros para a economía social, que se contempla nos Presupostos Xerais do Estado de 2012.

Juan Antonio Pedreño traballou toda a súa vida para o cooperativismo. Comezou a súa vida cooperativa fai máis 25 anos como profesor de Química e presidente da cooperativa Severo Ochoa de Murcia, e foise especializando no mundo empresarial cooperativo con masters na Universidade de Murcia e en Manchester, o berce do cooperativismo mundial. Actualmente, ademais de presidir CEPES e COCETA, preside a Unión de Cooperativas de Traballo da Rexión de Murcia (UCOMUR); é conselleiro do Grupo Terceiro do Consello Económico e Social Estatal, e do Consello de Fomento da Economía Social do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, entre outras cousas.

2013-01-23T19:29:00+00:00 31/05/2012|Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies