Asemblea de socias de Espazocoop | Venres 2 de xuño 2017

Inicio/Destacados, Espazo Coop, Novas do cooperativismo/Asemblea de socias de Espazocoop | Venres 2 de xuño 2017

Asemblea xeral da unión de cooperativas Espazocoop | 2 xuño 2017

O venres 2 de xuño, en quenda de tarde, celebraremos a asemblea xeral de Espazocoop e un acto de visibilización do cooperativismo que nos servirá como:
–  peche do proceso de fusión
–  presentación  aos medio de Espazocoop
–  celebración de que somos cooperativas e cooperativistas

Agardamos que veñas compartir con outras cooperativas o apoio á túa asociación e a posibilidade de coñecer outras cooperativas, e moita xente que quere coñecervos.

A cita será na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, ás 15.30 h. dará comezo a Asemblea Xeral Ordinaria da Unión.

Reunirémonos na sala 1 do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia (na convocatoria aparece un mapa da Cidade da Cultura)

Convocatoria Asemblea Espazocoop 02/06/17 : AQUÍ– Ficha de inscrición: AQUÍ

 

Ven coñecer ás cooperativas!. Unha oportunidade para cambialo todo | 2 xuño 2017

A continuación, a partir das 18 h. , celebraremos nunha xornada na que se porá en valor o cooperativismo compartindo risas e saboreando produtos cooperativos. (no CINC Auditorio 2).  O acto é aberto á cidadanía así que podedes convidar a quen queirades e vir acompañadas/os de quen desexedes, previa inscrición para confirmar aforo. Preme AQUÍ, para máis información e confirmar asistencia.

Agardámosvos!

 

2017-05-25T20:06:21+00:00 19/05/2017|Destacados, Espazo Coop, Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies