As cooperativas resaltan nos datos da economía social de 2013

O presidente da Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado COCETA, quen tamén preside a patronal da economía social, CEPES, Juan Antonio Pedreño, presentou os datos do conxunto das entidades enmarcadas en CEPES durante o 2012.

-No segundo trimestre do 2013, Aragón, Cataluña, Extremadura e Murcia lideran a creación de emprego en economía social, principalmente en cooperativas. Segundo os datos publicados, nestas Comunidades creáronse 5.778 novos empregos (Aragón 1.136, Extremadura 2.786, Cataluña 939 e Murcia 917).

A través da combinación de solidariedade e rendibilidade“, explicou Pedreño no comunicado de CEPES, “as empresas da Economía Social demostraron ser un eficaz instrumento na loita contra o desemprego, ao contribuír activamente fomentar o emprendimiento e a contratación (…) dende o comezo da crise hai cinco anos, o conxunto da Economía Social mantivo emprego en España, con máis de 2.400.000 postos de traballo, ademais de lograr a creación de 20.000 novas empresas” durante este período.

 

Tes máis información premendo aquí

Fonte: www.empresaytrabajo.coop