Foro Internacional de Economía Social– Global Social Economy Forum– se celebrará en Bilbao os días 1, 2 e 3 de outubro, e con tal motivo comunicamos que se pode participar na construción do Foro, dando a coñecer cooperativas, proxectando a súa visibilidade non só no ámbito da comunidade, senón tamén no estatal e internacional.

Animamos ás cooperativas asociadas a presentar propostas para que compartan as súas experiencias (é posible presentar máis dunha proposta) antes do 28 de febreiro.

Podedes obter máis información da Convocatoria de Propostas, aquí , así como sobre os Temas e Subtemas que se tratarán no Foro, baixo o eslogan Economía social e cidades. Valores e competitividade para un desenvolvemento local inclusivo e sostible aquí

Web: https://www.gsef2018.org