Árbore Consumo Consciente organiza para o vindeiro Venres, 30 de Xuño ás 20 h. unha charla con Natalia Carrillo, a cociñeira de referencia para petiscos e doces en todo tipo de actividades.

O obxectivo da charla é falar sobre cociña e alimentación sostibles no verán mediante a presentación do “Caderno Sostible edición de Verán”, que Natalia preparou para Árbore, e que inclúe:
– Produtos de tempada do verán
– Consellos para aforrar consumo e esforzo na cociña
– Receitas e ideas
– Resolver as dúbidas que poidan xurdir (Habilitarase un correo electrónico para que Natalia responda consultas sobre o caderno ata o 30 de Setembro)

As persoas que asistan á charla recibiran de balde un exemplar do Caderno, que xa veredes, quedou fantástico. A partires dese día venderanse na tenda da cooperativa Árbore por 3€.

Precísase confirmación de asistencia posto que as prazas son limitadas, facédeo en info@arbore.org ou na propia tenda (rúa López Mora 30 baixo, Vigo)

A asistencia está aberta tanto a socias como non socias da cooperativa.