A cooperativa Árbore está de aniversario, cumpre 15 anos e o celebra cunha festa de aniversario o sábado 1 de outubro dende as 11 h.

As produtoras van á cooperativa, e poderás coñecer en persoa a quen elabora o que mercas. Contarán con palestras e mesas informativas de diversas iniciativas que promoven unha economía máis xusta:( Reas Galiza , A Gavela…) Carmen Freire falará de como proxectos como o de Árbore son tan fundamentais para a soberanía alimentaria.

Na sesión vermú contarán co ritmo balcánico frenético da Fanfarria Taquikardia. Podedes levar algo para partillar no xantar compartido e lembra que poderás probar a cervexa artesá do XV Aniversario de Árbore.

Ademais a cooperativa de artistas Cestola na Cachola terá exposición de algúns dos seus traballos. E cotaremos con proxeccións de curtametraxes e un obradoiro para facer a túa propia pasta de dentes.

Pola mañá, de 11.30 a 13.30 a Escola Semente organizará moitas actividades divertidas para as crianzas, podes apuntalas en aas en eva.gil@arbore.org.