Fálase moito de darlle visibilidade ao cooperativismo e un lugar na sociedade. O sector e as entidades que o representan sempre teñen entre os seus obxetivos mellorar a imaxe das cooperativas e transmitir os valores da economía cooperativa.

Mesmo as cooperativas tamén xogan un importante papel nesto, algunhas amosan o compromiso coa promoción dun modelo económico cooperativo que sexa cada vez máis valorado e recoñecido, e para exemplo, a cooperativa Nova Aseconia (que realizan reformas e rehabilitacións de vivendas) sorprende no seu traballo diario coa mensaxe no seus toldos de obras, identificándose como cooperativa e citando condicións asociadas ao cooperativismo, un exemplo a seguir.

Preme na imaxe.